Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OCU demanda un IVE superreducido para incentivar a compra de produtos ecolóxicos

A OCU demanda un IVE superreducido para incentivar a compra de produtos ecolóxicos

O seu prezo pode ser ata tres veces superior ao mesmo produto de marca branca

G24.gal 07/11/2022 14:20

A presenza de produtos ecolóxicos nos supermercados foi en aumento. Segundo o último informe da OCU, cada vez hai máis variedade pero o seu prezo, din, segue a ser elevado. Calculan que poden custar ata tres veces máis que o mesmo produto de marca branca e se o comparamos cunha marca líder encarece arredor dun 50 por cento.

Para impulsar un consumo máis sostible dende a organización de consumidores insta as autoridades a reducir o IVE ata o 4 por cento para aqueles produtos ecolóxicos de consumo diario. Tamén a establecer unha cota mínima nos supermercados e unha normativa europea que regule a súa certificación. Aínda que insisten en que unha cesta da compra máis respectuosa implica ademais un cambio de hábitos impulsando o compra de produtos de tempada, de proximidade e a granel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade