Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OMS reporta en México a primeira morte humana por gripe aviaria no mundo

A OMS reporta en México a primeira morte humana por gripe aviaria no mundo

A vítima é un home de 59 anos, que faleceu o pasado 24 de abril e non estivo en contacto con aves de curral ou outros animais

Logotipo do Instituto de Diagnose Epidemiolóxica (Reuters) Logotipo do Instituto de Diagnose Epidemiolóxica (Reuters)
G24.gal 06/06/2024 09:07

A Organización Mundial da Saúde (OMS) informou este mércores da primeira morte por gripe aviaria AH5N2 no mundo, que se detectou nun laboratorio en México.

De acordo coa información, a vítima sería un home de 59 anos que faleceu o pasado 24 de abril e descoñécese a fonte de exposición ao virus de que se informou en aves de curral en México.

"Este é o primeiro caso humano confirmado nun laboratorio da infección do virus de influenza A(H5N2) rexistrado no mundo e a primeira infección do virus A(H5) nunha persoa en México", advertiu a OMS no seu sitio web.

Segundo o organismo, o home, que residía no central Estado de México, non tiña antecedentes de exposición a aves de curral ou outros animais.

Explicou que o 23 de aio, autoridades de saúde mexicanas informaron á OMS sobre o caso confirmado de infección humana polo virus da influenza aviaria A(H5N2).

Segundo os familiares, o paciente xa estivera prostrado na cama por outras condicións de saúde que o afectaban, pero o 17 de maio desenvolveu febre, dificultade para respirar, diarrea, náuseas e malestar xeral. O 24 de abril buscou atención médica e ingresou no Instituto Nacional de Enfermidades Respiratorias Ismael Cosío Villegas (INER), onde "faleceu ese mesmo día por complicacións do seu padecemento".

O caso rexístrase despois de que o virus da gripe aviaria H5N1 se propagase nas últimas semanas en vacas leiteiras dos Estados Unidos. Aínda que naquel país se rexistraron tres casos en humanos no que vai de ano, as autoridades sanitarias estadounidenses aclaran que ningún dos contaxios está relacionado co gromo do virus nas vacas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade