Publicador de contidos
Publicador de contidos

A oposición venezolana asegura que manterá a presión sobre o chavismo

A oposición venezolana asegura que manterá a presión sobre o chavismo

O presidente Nicolás Maduro di que o candidato opositor vai fuxir a Miami

A líder opositora reapareceu en Caracas para encabezar a protesta
G24.gal 18/08/2024 13:26 Última actualización 18/08/2024 13:38

A manifestación opositora en Caracas contou coa presenza da líder da Plataforma Unitaria Democrática, en paradoiro descoñecido para evitar unha posible detención. María Corina Machado asegurou que van manter a presión, nacional e internacional, para que o goberno chavista entregue as actas electorais e Maduro deixe o poder.

"Non imos deixar as rúas, e farémolo pacificamente, porque a violencia convenlles a eles, nosoutros non atacamos a outros venezolanos", dixo María Corina Machado.

Tanto a mobilización opositora da capital coma as celebradas noutras cidades venezolanas desenvolvéronse cunha importante presenza policial e varios incidentes. Cando rematou a protesta, a policía levouse o camión desde o que falaron os líderes opositores, xa sen ningún deles a bordo.

O chavismo tamén reivindicou a súa vitoria nas rúas de Caracas

A vitoria electoral nas eleccións presidenciais do mes pasado tamén foi reivindicada nas rúas de Caracas polo goberno chavista e os seus partidarios. O presidente Nicolás Maduro dixo que van aprobar unha lei contra o fascismo, e asegurou que o candidato da oposición,  ausente da protesta deste sábado, vai fuxir a Miami.

"Está preparando a súa fuxida de Venezuela. Edmundo González Urrutia leva os billetes e vai para Miami", asegurou o presidente Nicolás Maduro

Foro Penal di que máis de 1.400 persoas seguen presas por protestar

O Goberno de Venezuela admite que nas protestas opositoras celebradas desde as eleccións detiveron máis de 2.400 persoas. A oenegué Foro Penal asegura que máis de 1.400 desas persoas seguen presas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade