Publicador de contidos
Publicador de contidos

As transferencias bancarias inmediatas equipáranse ás ordinarias

As transferencias bancarias inmediatas equipáranse ás ordinarias

As transferencias ordinarias son de balde na maioría das entidades e a partir de agora enviar cartos de forma inmediata debería pasar a ser gratuíto

Con todo, as asociacións de consumidores recomendan revisar as condicións das súas contas

G24.gal 09/01/2025 14:34

A normativa aprobada polo Parlamento Europeo obriga as entidades bancarias a ofrecer transferencias instantáneas, é dicir as que permiten enviar cartos a outra conta en dez segundos, ao mesmo prezo que as tradicionais. 

Coa aplicación da norma os bancos poden facer dúas cousas; por unha banda que directamente deixen de cobrar polas transferencias inmediatas ou pola contra que equiparen o prezo das ordinarias a estas para evitar a súa gratuidade. 

As asociacións de consumidores alertan dunha terceira opción pola que os bancos poderían facer diferenzas entre os clientes en función das condicións das súas contas. 

A maioría dos clientes seguirán sen pagar estas comisións, polos acordos de vinculación que favorecen as entidades (por domiciliación de nóminas, recibos e contratación de produtos) e por un contexto claramente marcado pola política de gratuidade do provedor de servizos bancarios Bizum.

As comisións ordinarias sen estas vantanxes realmente subiron para equiparalas ás inmediatas, que se abarataron. 

Desde Asufin seguen advertindo de que as transferencias inmediatas, a diferenza da estándar, é irreversible no momento en que se emite, polo que non recomenda usala se non se coñece ao destinatario. En cambio, as transferencias ordinarias poden ser anuladas, a condición de que non se executaron e o diñeiro siga na conta do cliente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade