A patronal das autoestradas pídelle ao Goberno copiar a fórmula da Xunta para conxelar tarifas
A patronal das autoestradas pídelle ao Goberno copiar a fórmula da Xunta para conxelar tarifas
As tarifas dispáranse por riba do 8 % a partir do un de xaneiro e no caso da autoestrada do Atlántico un 9 %
Desde a Consellería de Infraestruturas din que hai marxe nos orzamentos do Estado para que os usuarios non teñan que afrontar unha suba tan brusca
Desde o anuncio da suba das peaxes para o ano 2023 o pasado mes de outubro, o Goberno de España estuda fórmulas para rebaixar o impacto do encaremento nos usuarios.
As tarifas dispáranse por riba do oito por cento a partir do un de xaneiro e no caso da autoestrada do Atlántico, a que vertebra Galicia, un 9. Os usuarios pagarán case vinte euros por viaxar entre A Coruña e Vigo.
A patronal das autoestradas pide ao executivo central que adoite o plan do Goberno galego, que manterá as tarifas conxeladas durante o 2023 asumindo a suba das peaxes con cargo ás arcas públicas.
Desde a Consellería de Infraestruturas din que hai marxe nos orzamentos do Estado para que os usuarios non teñan que afrontar unha suba tan brusca.
A conselleira Ethel Vázquez pide ao Goberno central que conxele as tarifas na AP-9 e na AP-53 entre Santiago e Dozón.