Publicador de contidos
Publicador de contidos

A planta de hidróxeno verde de Meirama podería crear máis de 400 empregos

A planta de hidróxeno verde de Meirama podería crear máis de 400 empregos

O vicepresidente primeiro da Xunta Francisco Conde reuniuse este venres con representantes de Reganosa, Repsol e Naturgy para analizar o proxecto

A planta de Meirama producirá máis de 4.000 toneladas de hidróxeno renovable ao ano na primeira fase, prevista para 2025

A Xunta insta o Ministerio de Transición Ecolóxica a acometer "canto antes" a revisión da planificación eléctrica 

G24.gal 09/12/2022 13:20 Última actualización 09/12/2022 15:06

O vicepresidente primeiro da Xunta Francisco Conde reuniuse este venres con representantes de Reganosa, Repsol e Naturgy para analizar o proxecto da planta de hidróxeno verde de Meirama, na provincia da Coruña.  Esta planta de hidróxeno verde vai contar na primeira fase cunha potencia de 30 MW, escalable en diferentes fases ata chegar ata os 200 MW.

Na primeira fase, as previsións son de que produza máis de 4.000 toneladas de hidróxeno renovable ao ano e posteriormente alcance unha produción total de 30.000 toneladas anuais.

Canto aos postos de traballo, agárdase que nesta primeira fase se poidan crear arredor duns 400 empregos.

En declaracións aos medios de comunicación, Francisco Conde explicou tras a xuntanza que a Xunta "vai axilizar o proceso desde o punto de vista administrativo, unha vez se presentase a solicitude para declarar o proxecto como unha iniciativa empresarial prioritaria".

"O proxecto vai permitir descarbonizar a economía e consolidar o desenvolvemento dos proxectos industriais en Galicia". Ademais, sinalou que espera que a comunidade autónoma sexa "un referente desde o punto do hidróxeno verde en España", salientou Conde.

 

A planta dará resposta á industria e será un revulsivo nesta zona de transición xusta, afectada polo peche da central térmica.

Silvia Sanjoaquín, directora de novos negocios en Naturgy: 

"Vai poder achegar solucións para a descarbonización, na industria en sectores como as mobilidade e nunha contorna de transición xusta brindando novas oportunidades vinculadas coa transición enerxética, xeración de emprego e outros beneficios sociais".

Tomás Malango, a director de Hidróxeno de Repsol: 

"E un proxecto importante para a descarbonización dos nosos complexos no camiño cara á introdución de produtos novos de baixas ou nulas emisións, e dentro da transformación industrial da nosa refinería da Coruña".

Emilio Bruquetas, director xeral de Reganosa:

"Hai 15 anos trouxemos o gas natural a Galicia en condicións competitivas. Hoxe estamos honrados de traballar en proxectos coma este co liderado dunha administración que soubo apostar por esta enerxía hai máis de tres anos".

A posta en marcha está prevista en 2025. A Xunta axilizará a tramitación do proxecto, como iniciativa empresarial prioritaria. E agarda o apoio do Goberno central.

O vicepresidente primeiro da Xunta tamén explicou que a Xunta xa instou o Ministerio para a Transición Ecolóxica a acometer "canto antes" a revisión da planificación eléctrica, "para que estes proxectos poidan ser unha realidade".

 

O Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde dixo:

 "Agardamos que o Goberno o poida facer coas diferentes liñas de acompañamento que teñen establecidas a través dos fondos europeos Next Generation., que deben permitir que Galicia, xunto co resto dos proxectos que se están impulsando sexa unha referencia desde o punto de vista de desenvolvemento do hidróxeno verde en España"

A Xunta impulsa a constitución da Alianza Industrial do Hidróxeno Verde

Francisco Conde dixo que durante a reunión mantida este venres tamén se abordou a constitución da Alianza Industrial do Hidróxeno Verde, un proxecto que está impulsando a Xunta.

O obxectivo desta Alianza dixo Conde que é situar a Galicia desde o punto de vista da xeración de hidróxeno verde e dos seus posibles usos industriais. 

Formarán parte desta futura alianza as diferentes empresas que están a desenvolver proxectos na comunidade autónoma, centros tecnolóxicos e de investigación, entre outros, dixo Conde, e engadiu que Naturgy, Reganosa e Repsol "poderán unirse tamén a este proxecto".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos