Publicador de contidos
Publicador de contidos

A única plantación industrial de té ecolóxico de Europa está en Paderne

A única plantación industrial de té ecolóxico de Europa está en Paderne

Teñen preto de dúas hectáreas con case 20.000 plantas de camelia sinensis 

Elaboran todas as variedades de té a partir da selección dos gromos máis tenros

G24.gal 06/02/2024 15:02 Última actualización 06/02/2024 15:30

Vendo o ben que se daban as camelias ornamentais en Galicia, nunha explotación agrícola de Paderne, na comarca de Betanzos, decidiron probar tamén coa camelia sinensis, a variedade coa que se elabora o té, conta Joaquín Barral, o responsable de produción vexetal de Orballo.

"En Galicia somos unha potencia mundial en agricultura e gandería e en todo o que é o sector primario. Con este tipo de cultivos non ía ser menos".

A evolución da plantación vai confirmando que é así. En doce anos, as súas preto de 20.000 plantas de té cobren xa dúas hectáreas. Nestes meses previos á primavera, pódanas con precisión para ter os máximos gromos posibles á hora da colleita.

A partir desa materia prima elaboran todas as variedades de té: negro, vermello, verde ou branco.  

"Con distintas reaccións químicas, en función de que forcemos unhas ou outras, obtense un té ou outro". 

Á hora de emprender co té, en Orballo tiveron en conta que é a bebida que máis se consome no mundo despois da auga.

Para atopar o seu oco nese gran mercado remarcan a súa denominación de orixe galega e o seu modo de cultivo, xa que a estas alturas é a única plantación de nivel industrial de té de Europa con certificado ecolóxico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos