Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía detén vinte persoas máis por roubos en lugares devastados pola choiva

A Policía detén vinte persoas máis por roubos en lugares devastados pola choiva

Ata o momento as forzas e corpos de seguridade arrestaron 120 persoas por actos de pillaxe, roubos ou saqueos tras o desastre

Coches amoreados en Alfafar (Valencia). EFE/Kai Försterling Coches amoreados en Alfafar (Valencia). EFE/Kai Försterling
G24.gal 03/11/2024 10:35 Última actualización 03/11/2024 11:22

A Policía Nacional detivo esta noite 20 persoas por roubos en zonas da provincia de Valencia afectadas pola DINA, segundo informou este domingo o corpo de seguridade.

Delas, 17 foron arrestadas por roubos en establecementos comerciais, dous en domicilios e unha por subtraer gasolina.

Estes vinte detidos súmanse aos cen que foran arrestados entre a Policía Nacional e a Garda Civil por roubos e saqueos tras o desastre. A Policía incrementou a súa presenza nas rúas para garantir a seguridade cidadá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade