A Policía británica acusa a Greta Thunberg dun delito de desorde pública
A Policía británica acusa a Greta Thunberg dun delito de desorde pública
A activista quedou "en liberdade condicionada" ata o próximo 15 de novembro, cando comparecerá ante a Corte de Maxistrados de Westminster
A activista ambiental Greta Thunberg foi acusada formalmente dun delito de desorde pública por mor da súa participación nunha protesta celebrada en Londres contra a industria dos combustibles fósiles, segundo informou este mércores a Policía Metropolitana londiniense (Met).
A activista sueca é unha das 26 persoas acusadas por Sctoland Yard pola súa implicación no acto de protesta celebrado onte, convocado pola organización Fossil Free London (Londres Libre de combustibles fósiles) nos arredores dun hotel próximo ao céntrico parque de Hyde Park, no que estaban reunidos conselleiros delegados de compañías enerxéticas con motivo do Foro de Intelixencia Enerxética.
Nun comunicado difundido hoxe, a Met confirmou que Thunberg foi acusada de "non cumprir cunha condición imposta en virtude da sección 14 da Lei de Orde Pública, e, xunto con outras persoas, quedará en liberdade condicionada" ata o próximo 15 de novembro, cando comparecerá ante a Corte de Maxistrados de Westminster.