Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenan a activista Greta Thunberg en Suecia a pagar unha multa por desobediencia

Condenan a activista Greta Thunberg en Suecia a pagar unha multa por desobediencia

Thunberg sentou diante do Parlamento sueco en dúas ocasións durante protestas contra o cambio climático

Ante o tribunal admitiu os feitos, pero declarouse inocente: "É unha situación de emerxencia na que todos temos a obrigación de actuar"

Thunberg durante unha protesta en Estocolmo (TT News Agency/Claudio Bresciani/via Reuters) Thunberg durante unha protesta en Estocolmo (TT News Agency/Claudio Bresciani/via Reuters)
G24.gal 08/05/2024 16:37

Un xulgado de Estocolmo condenou este mércores a activista ambiental sueca Greta Thunberg ao pagamento dunha multa por dous cargos de desobediencia por participar en dúas protestas fronte ao Parlamento deste país nórdico.

O pasado 12 de marzo a activista de 21 anos sentou diante do Parlamento xunto a un grupo doutros manifestantes no marco dunha das súas protestas polo cambio climático, e o mesmo fixo dous días despois.

A policía pediu en ambos os casos aos activistas que se retirasen, pero ante a súa negativa, acabounos sacando pola forza.

Thunberg admitiu os feitos, pero declarouse inocente dos cargos. "Era unha situación de emerxencia e ségueo sendo aínda. E é unha situación de emerxencia en que todos temos a obrigación de actuar", dixo durante o xuízo.

Thunberg xa fora condenada con anterioridade en dúas ocasións en Suecia polos mesmos cargos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos