Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxan a Greta Thunberg durante unha protesta en Alemaña

Desaloxan a Greta Thunberg durante unha protesta en Alemaña

A sueca acudiu a manifestarse contra unha mina en Lützerath

A localidade xa non ten habitantes, e os ecoloxistas parapetáronse nela ata luns

O lugar converteuse en símbolo da loita contra os combustibles fósiles

 

G24.gal 18/01/2023 07:04 Última actualización 18/01/2023 07:51

Nas protestas contra a mina proxectada na vila alemá de Lutzerath foi desaloxada Greta Thunberg. Sacárona polo aire. A activista de vinte anos acudira a este lugar en que se está a protestar contra o proxecto dunha mina de lignito.

A aldea máis próxima foi desaloxada luns, pero convócaronse máis protestas en varias localidades. Thunberg entrou, canda outros ecoloxistas, nunha zona acordoada. A policía sacouna a ela e a outros manifestantes, aos que posteriormente se lles tomaron os datos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade