A policía desaloxa un piso de 'okupas' na Coruña
A policía desaloxa un piso de 'okupas' na Coruña
Había unha orde xudicial de desaloxo
Un dos okupas foi trasladado ao acuartelamento de Lonzas para ser identificado
Axentes da Policía Nacional desaloxan un piso de okupas na Coruña, en cumprimento dunha orde xudicial.
O desaloxo comezou a primeira hora desta maná coa despregadura dun amplo operativo fronte ao edificio situado na rúa San Lucas, no barrio da Sagrada Familia.
Os veciños de la zona viñan denunciando os problemas que lles ocasionaba a diario. Apuntaban, entre outros, a venda de drogas.
Tras a orde xudicial para que as persoas que a ocupaban abandonasen a vivenda, o desaloxo efectuouse esta mañá. Tras el, a Policía trasladou ao acuartelamento de Lonzas a unha das persoas que se atopaba no piso por carecer de documentación. En principio ningún dos okupas está detido.