Publicador de contidos
Publicador de contidos

A presidenta de Ciudadanos anuncia unha renovación profunda do partido

A presidenta de Ciudadanos anuncia unha renovación profunda do partido

A decisión é consecuencia do derrubamento electoral en Andalucía

Prevén cambios para impulsar a marca pero descartan dimisións na cúpula

G24.gal 21/06/2022 08:42

A presidenta de Ciudadanos recoñece varios erros dende 2019. Cita non ofrecerlle un pacto a Sánchez ou entregarlle catro presidencias autonómicas ao Partido Popular.  Di que a partir de aí comezaron os golpes electorais, e o último, o de Andalucía, coa perda de 21 escanos, vai acelerar unha renovación profunda do partido. 

Quere que os cambios sexan referendados polos militantes antes das eleccións municipais e autonómicas do ano que vén. Buscan reactivar a marca pero non cambiarán o equipo de dirección, segundo fontes do partido. A pesar das críticas. 

Xa pediron dimisións e unha asemblea extraordinaria a corrente Renovadores e o exvicepresidente de Madrid Ignacio Aguado. A líder do partido nesa comunidade autónoma, Begoña Villacís, apela á autocrítica pero descarta que se repita no concello de Madrid o que pasou en Andalucía.

O candidato en Andalucia, Juan Marín, que dimitiu de todos os cargos pero seguirá como militante, descarta entrar no goberno andaluz como independente. 

A que deixou Ciudadanos foi a histórica deputada de Cataluña Carmen de Rivera. Di que o partido xa non existe polas reiteradas e nefastas decisións da súa dirección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar