Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ano Delgado Gurriarán quere "recoñecer" o traballo do "exilio galego"

O ano Delgado Gurriarán quere "recoñecer" o traballo do "exilio galego"

Máis de 150 iniciativas conmemorarán ao escritor e activista de Vilamartín de Valdeorras, homenaxeado no próximo día das Letras Galegas

G24.gal 30/03/2022 14:28

A celebración das Letras Galegas 2022 aglutina máis de 150 iniciativas arredor da figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán. A Real Academia, a Xunta e o Consello da Cultura Galega, ademais de empresas privadas e tamén a Compañía de Radio Televisión de Galicia, colaboran na planificación dun amplo programa que esta mañá foi presentado no Gaiás.

Ao longo dos próximos meses levarase a cabo un amplo abano de accións no ámbito literario, expositivo, deportivo, musical, escénico, académico e, por suposto, escolar.

Diferentes actividades que veñen pór en valor cada ano un persoeiro relevante da nosa cultura e das nosas letras, que significan un recoñecemento, primeiro, a un intelectural e, por extensión, á nosa cultura e a Galicia, destacou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na presentación da programación.

Unha programación transversal que dará tributo á figura e á obra de Florencio Delgado Gurrriarán. 

Poeta, articulista, editor literario e tradutor ao galego de grandes obras da cultura universal. Exiliado en México, a homenaxe faise extensiva este ano ao labor cultural da diáspora galega nese país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade