Publicador de contidos
Publicador de contidos

A proposta dun fondo para danos ecolóxicos tenta salvar o Cumio do Clima

A proposta dun fondo para danos ecolóxicos tenta salvar o Cumio do Clima

A UE ameazou con abandonar as negociacións e prefire que non haxa acordo final se non é minimamente ambicioso

Segundo explica a vicepresidenta terceira do Goberno, o límite é que a temperatura non medre por riba dos 1,5 graos

G24.gal 19/11/2022 20:39 Última actualización 19/11/2022 21:12

Sobre un fino fío de arame estivo movéndose o Cumio do Clima de Exipto este sábado. A Unión Europea comezaba advertindo: é mellor que non haxa acordo a un mal acordo.

Como pano de fondo, o escaso compromiso e o escapismo por parte dalgúns dos países máis contaminantes que queren fuxir dun límite de quecemento.

"A primeira medida para poder responder ás perdas e os danos máis dramáticos dos países é asegurar que segue sendo posible que a temperatura non medre por enriba de 1,5 graos", sinalaba Teresa Ribera, ministra para a Transición Ecolóxica.

A vicepresidenta Ribera facíase eco da posición firme da Unión Europea.

"Se as decisións que se propoñen nesta conferencia son frear eses incrementos de ambición, Europa non vai participar".

Avanzada a tarde tentaba canalizarse a negociación cunha proposta para paliar os danos económicos nas áreas máis vulnerables do Terceiro Mundo ás catástrofes climáticas.

Pídeselles aos países que se desenvolveron nas últimas décadas que arrimen o ombreiro, pero as reticencias da China e das nacións do Golfo son evidentes.

A China, o Estado máis contaminante do mundo con diferenza, segue a constituír un dos atrancos principais deste cumio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade