Un turrón de Lugo, entre os cinco mellores de España
Un turrón de Lugo, entre os cinco mellores de España
Elaborado con froitas exóticas e pistacho, resultou seleccionado no Campionato Nacional de Turrón Creativo
Un turrón elaborado pola reposteira lucense Noelia Canto figura entre os cinco mellores de todo o ámbito estatal. A súa proposta resultou finalista no Campionato Nacional de Turrón Creativo celebrado na vila catalá de Agramunt.
Noelia Canto, reposteira: "Utilizamos calamansi, goiaba, froitas un pouco diferentes combinadas co pistacho, que está moi presente na nosa pastelería. É un produto que nos gusta e pensamos que sería o correcto para o turrón, para diferencialo do resto".
Mentres traballaba na banca, Noelia formouse nas escolas internacionais de repostería creativa antes de montar o seu propio negocio no recinto histórico de Lugo. Á parte de turrón, tamén elabora tortas, pasteis, croissants ou galletas.
Noelia Canto, reposteira: "Coñecín o mundo doce hai dez anos, gustábame o que facía, e empeceu a formarme en escolas. Viaxei moito a Londres e estiven tamén en Barcelona ou París".
A torta de mazá desta artesá lucense xa quedara finalista noutro campionato do mesmo ámbito. E este mesmo outono, a súa repostería aspira a gañar o concurso ao mellor ‘panettone’ artesán.