A raíña Letizia celebra na intimidade o seu 50 aniversario
A raíña Letizia celebra na intimidade o seu 50 aniversario
As primeiras felicitacións chegáronlle onte na visita a un hospital de Guadalaxara, pero a axenda da raíña non contempla hoxe ningún acto nin celebración oficial polo seu 50 aniversario. Dende Zarzuela informan de que Letizia Ortiz ten traballo intenso de despacho para preparar a súa axenda. Tras o funeral en Londres por Isabel II, desprazarase a Nova York para participar en actos de Unicef e Nacións Unidas.
Porque Letizia Ortiz Rocasolano atopou no labor social un perfil propio do seu labor institucional. Nacida en Oviedo en 1972, exercía como xornalista en Televisión Española ata que en 2003 a súa vida deu un xiro ao anunciarse o seu compromiso co daquela príncipe Filipe.
A súa proclamación como rei en xuño de 2014 permitiulle redefinir o seu papel como esposa do xefe do Estado e nai da herdeira da Coroa.
Perfeccionista, curiosa e tenaz, prepara con intensidade os asuntos da súa axenda, tal e como contan algúns dos seus colaboradores ao programa 'No foco', que este sábado emite a Televisión de Galicia.
Mañá poderse ver a raíña cos 50 xa feitos nun concerto no Auditorio Nacional en beneficio da Asociación Española contra el Cáncer, unha das entidades da que é presidenta de honra.
Precisamente esta entrega é o que destaca o presidente do Goberno na súa felicitación á raíña. Pedro Sánchez agradécelle en Twitter a súa lealdade, traballo e solidariedade, e recoñece o seu sentido do deber co noso país. Tamén o líder do PP felicita a raíña e agradece o seu labor exemplar e compromiso con España, nun chío cunha foto de Letizia Ortiz.