Os reis volven a Valencia para implicarse na recuperación da DINA
Este mércores reuníronse con empresarios e entidades sociais
Os empresarios están cada día máis preocupados poa lea política e piden actuar con rapidez
Cálida benvida a que lles deron os valencianos aos reis na sexta visita desde a tráxica riada que levou por diante a vida de 228 persoas. Houbo aplausos, vivas e mesmo selfies. Arrancaron o día cunha xuntanza con empresarios para coñecer de primeira man como marchan os traballos de reconstrución.
Ao seu carón, o presidente da Generalitat e o ministro de Economía. Enfronte, a patronal, encabezada polo presidente da CEOE. Os patróns trasladáronlles que cada día están máis preocupados pola lea política constante e pediron actuar con rapidez e de forma contundente para recuperar a normalidade canto antes.
A Generalitat acaba de aprobar un crédito extraordinario de 2.300 millóns de euros para a avanzar nesa dirección. É unha partida á marxe dos orzamentos coa que o goberno de Mazón trata de salvar o bloqueo de Vox ás contas públicas.
Os monarcas tamén se reunirán con entidades sociais, coas que abordarán as súas necesidades máis urxentes.