Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Casa Real denunciará a difusión de fotos da princesa Leonor nun centro comercial de Chile

A Casa Real denunciará a difusión de fotos da princesa Leonor nun centro comercial de Chile

Zarzuela explica que responsables do control das cámaras de seguridade do centro comercial facilitaron o acceso ás imaxes a un medio de comunicación chileno

 

A princesa Leonor no buque escola Juan Sebastián Elcano A princesa Leonor no buque escola Juan Sebastián Elcano
G24.gal 22/03/2025 23:16 Última actualización 23/03/2025 18:18

 A Casa Real denunciará ante a policía chilena a difusión, esta semana, dunhas fotografías da princesa Leonor nunha actividade privada nun centro comercial da cidade de Punta Areas, segundo informaron a EFE fontes do Palacio da Zarzuela.

Fuentes do palacio da Zarzuela explicaron que algúns responsables do control das cámaras de seguridade do centro comercial facilitaron o acceso ás imaxes a un medio de comunicación chileno, o que supoñería "unha infracción da normativa vixente" en materia de protección de datos en Chile, así como en España.

A Casa Real considera que se trata dunha conduta "inadmisible" e que "non vale todo", polo que, previa coordinación coa Embaixada de España, "decidiuse denunciar esta infracción administrativa ante as autoridades chilenas" pola canle regulamentaria (os Carabineiros, neste caso).

A princesa Leonor chegou o pasado 18 de marzo á cidade chilena de Punta Areas a bordo do buque escola Juan Sebastián de Elcano, na terceira parada en América da súa viaxe de instrución militar, despois de pasar por Montevideo (Uruguai) e Salvador de Baía (Brasil). EFE

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade