Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Reserva Federal dos Estados Unidos anuncia unha nova suba dos tipo de xuro

A Reserva Federal dos Estados Unidos anuncia unha nova suba dos tipo de xuro

O incremento será de 0,25 puntos

G24.gal 03/05/2023 20:13 Última actualización 03/05/2023 20:18

A Reserva Federal dos Estados Unidos anuncia unha nova subida dos tipos de xuro, de 0,25 puntos, que sitúa as taxas entre o 5 e o 5,25 %.  A suba, a décima no último ano, está en liña co prognosticado polos analistas e chega nun contexto de alta inestabilidade bancaria.

No comunicado, a Reserva Federal non fixo referencia a se esta podería ser a última suba antes de facer unha pausa pola inestabilidade do sistema bancario. O que si dixo é que está "preparada" para axustar a política monetaria "segundo corresponda" se "xorden riscos que poderían impedir o logro dos obxectivos" de levar a inflación ao 2 %.

No comunicado, o regulador fai unha breve referencia á situación bancaria e asegura que "o sistema bancario estadounidense é sólido e resistente". Explicou que, tras as dez subidas consecutivas dos tipos desde marzo de 2022, a actividade económica expandiuse "a un ritmo moderado no primeiro trimestre". A creación de postos de traballo "foi sólida nos últimos meses e a taxa de desemprego mantívose baixa", mentres que "a inflación segue elevada", precisou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade