Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Reserva Federal mantén o prezo do diñeiro

A Reserva Federal mantén o prezo do diñeiro

O regulador estadounidense decide non tocar as taxas de xuro, tras once subas consecutivas

Non se desbota unha suba máis antes de que remate o ano

Antón Montero 20/09/2023 20:11 Última actualización 20/09/2023 20:21

A Reserva Federal dos Estados Unidos paraliza a suba das taxas de xuro. Na xuntanza deste mércores, e despois de once incrementos consecutivos, o regulador estadounidense decidiu manter o prezo oficial do diñeiro entre o 5,25 e o 5 e medio por cento.

A Reserva Federal toma esta decisión despois de lograr baixar a inflación ata o 3.7 % no pasado mes de agosto e ante os primeiros sinais de debilidade no consumo.

Con todo, os analistas apostan por un último incremento do 0,25 % antes de que remate o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade