Publicador de contidos
Publicador de contidos

As eólicas deberán vender "polo menos" o 50 % da enerxía producida ás empresas galegas

As eólicas deberán vender "polo menos" o 50 % da enerxía producida ás empresas galegas

O obxectivo, segundo Lorenzana, é facilitar o acceso a estes contratos ás pemes galegas e que o 50 % da enerxía producida quede fóra das flutuacións de prezo do gas 

A conselleira de Industria comparece a petición propia no pleno do Parlamento para informar sobre as liñas xerais do seu departamento

directo Arquivo / Europa Press /Carlos Castro
G24.gal 05/11/2024 08:00

Os promotores eólicos deberán asinar PPA (acordos a longo prazo cun prezo fixo) con empresas galegas "polo menos" polo 50 % da enerxía producida.

Así o anunciou este martes no pleno do Parlamento a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, onde comparece a petición propia para dar conta das liñas estratéxicas do seu departamento para este mandato.

O obxectivo desta medida "transitoria" é conseguir o "autoabastecemento" enerxético e "anticipar" algún dos principios que contemplará o novo plan eólico da Xunta, segundo destacou a titular da consellería.

Segundo Lorenzana, con isto preténdese "dar acceso ás PPA a empresas pequenas e medianas que actualmente no mercado non tiñan capacidade para asinar estes contratos", e que "ese 50 % da enerxía producida polos parques quede fóra das flutuacións de prezo do gas en Galicia".

O Parlamento debate unha proposición de lei do BNG para reestruturar o Sistema Galego de Saúde

O Parlamento de Galicia debate este martes a toma en consideración da proposición de lei do Bloque Nacionalista Galego para a reforma da Lei 8/2008, do 10 de Xullo, de Saúde de Galicia.

Con ela, os nacionalistas pretenden asegurar unha dotación orzamentaria mínima destinada a garantir a suficiencia funcional e financeira da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, eliminar os distritos sanitarios e estruturar territorialmente o sistema galego de saúde en catorce áreas sanitarias.

O plenario tamén dirimirá mocións sobre contratacións en materia de transporte, sobre os cambios previstos na nova lei de medios de comunicación para a elección de director ou directora xeral da CRTVG e a emisión de producións en castelán e sobre a revisión do sistema de financiamento da Administración local.

A sesión pode seguirse en directo en G24.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade