Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous trens Avril substitúen dous Alvia no corredor Madrid-Galicia

Dous trens Avril substitúen dous Alvia no corredor Madrid-Galicia

A modificación supón incrementar 2.500 prazas,  así, a oferta semanal neste traxecto será de case 54.000 asentos e tamén se reduce o tempo da viaxe

G24.gal 05/11/2024 09:29

Renfe informou da posta en marcha dun servizo, a partir deste martes, de dous trens AVE S106 no corredor Madrid-Galicia, en substitución de dous Alvia, mellorando a oferta total de prazas e tamén os tempos de viaxe. 

A modificación supón incrementar en 2.500 prazas, xa que os trens AVE contan con case o dobre de prazas que os Alvia. Así, o traxecto ata a capital de España dende Galicia terá case 54.000 asentos.

Por outra banda, tamén se producirá unha importante mellora nos tempos de viaxe, que se recortarán ata en 26 minutos no caso do AVE Vigo-Madrid e en 21 minutos no traxecto Madrid-Vigo.

Os dous novos servizos AVE con S106 substituirán o Alvia que sae de Madrid ás 11:20 horas, que pasará a saír dende o martes ás 11:23 horas, con paradas en Zamora, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo. Tamén o Alvia que sae de Vigo ás 17:08 horas, que sairá dende este martes ás 17:16 horas con destino Madrid e con paradas en Pontevedra, Vilagarcía, Ourense, A Gudiña, Seabra AV/AV, Zamora, Medina AV/AV, Segovia e Madrid. 

O resto da oferta comercial entre Galicia e Madrid mantén as súas actuais frecuencias.

Deste xeito, as 22 circulacións ofertadas (ida e volta) entre Galicia e Madrid pasaranse a prestar con seis trens AVE S106, catro AVE S112, dous Avlo e dez Alvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade