A RFEF destitúe a Jorge Vilda e nomea a Montse Tomé seleccionadora
O técnico levaba á fronte do equipo desde 2015
Actuou, desde 2018, como segunda adestradora dentro do staff de Jorge Vilda
A Federación Española de Fútbol comunicoulle a Jorge Vilda este martes á mañá a súa destitución como seleccionador nacional.
Recibiu a chamada telefónica en que lle confirmaron que finalizan as súas funcións como director deportivo e como seleccionador nacional feminino, para as cales tiña aínda oficialmente un ano máis de contrato.
Agora a RFEF ten que buscar un recambio, que terá que ser proposto polo presidente interino á Xunta Directiva para a súa aprobación.
O técnico levaba á fronte do equipo desde o ano 2015
🚨 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 | La RFEF destituye a Jorge Vilda como seleccionador nacional y director deportivo.
— RFEF (@rfef) September 5, 2023
El técnico ha sido clave para el notable crecimiento del fútbol femenino y deja a España como campeona del mundo y segunda en el ranking FIFA.
ℹ️ https://t.co/als2TBU5mb pic.twitter.com/u6f3TzAc6B
Minutos despois da destitución, a Federación nomeou a Montse Tomé seleccionadora nacional feminina. Será a primeira muller en ocupar este cargo en España.
Tomé (Pola de Siero, 1982) actuou, desde 2018, como segunda adestradora dentro do staff de Jorge Vilda e consolidouse como unha peza fundamental no crecemento do combinado nacional. O nomeamento de Tomé responde ás medidas de rexeneración anunciadas polo presidente Pedro Rocha.
🚨 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 | La RFEF nombra a @montse_tome nueva seleccionadora nacional femenina.
— RFEF (@rfef) September 5, 2023
La asturiana será la primera mujer en ostentar el cargo y se estrenará en septiembre en la #NationsLeague ante Suecia y Suiza.
ℹ️ https://t.co/fAlqVyWwvD #JugarLucharYGanar pic.twitter.com/vG4BtbGjAP