A ruta da camelia inaugura a temporada de trens turísticos en Galicia
A ruta da camelia inaugura a temporada de trens turísticos en Galicia
O mes que vén comeza a temporada de trens turísticos en Galicia, que este ano vai contar cun total de 14 rutas
A primeira oferta de trens turísticos esta primavera é a ruta da camelia, e os billetes xa están dispoñible para estas primeiras visitas que se van realizar o 9 e o 23 de marzo, cadrando co período de floración.
Están dispoñibles na web de Renfe, nas páxinas habituais, tamén se poden adquirir telefonicamente e en axencias de turismo.
A ruta ofrece paradas en lugares coma o pazo de Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, onde florecen máis de 8.000 exemplares de camelias de 1.500 variedades.
Tamén hai visitas ao castelo de Soutomaior ou ao pazo de Rubiáns, onde se inclúe unha degustación de albariño.
A iniciativa dos trens turísticos, produto da colaboración entre Renfe e a Xunta, ofrece este ano un total de 14 rutas, entre elas a dos faros, a da lamprea e a dos mosteiros.