Publicador de contidos
Publicador de contidos

A familia Franco propón á Xunta un convenio para a apertura da Casa Cornide tras o expediente de sanción

A familia Franco propón á Xunta un convenio para a apertura da Casa Cornide tras o expediente de sanción

Anunciouno o conselleiro de Cultura, quen lembrou que "os propietarios teñen unha responsabilidade legal: facilitar as aperturas durante uns horarios determinados"

M. Dylan - Europa Press - Arquivo M. Dylan - Europa Press - Arquivo
G24.gal 22/11/2024 21:02

O conselleiro de Cultura, José López Campos, informou de que a familia Franco propuxo á Xunta unha "fórmula de convenio" de colaboración para a apertura ao público da coruñesa Casa Cornide -á que están obrigados por tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC)-, despois do que Goberno galego abrise un expediente sancionador por 3.000 euros debido a este incumprimento.

A preguntas da prensa na Coruña, o conselleiro lembrou que está aberto un procedemento administrativo polo que se instou á familia á apertura con horario fixo do inmoble, pero, "ao non conseguir resultado", abriuse un expediente sancionador en curso, ante o cal os Franco presentaron un recurso co fin de "aclarar aspectos" sobre a resolución.

Explica que abren a "posibilidade" dunha "fórmula de colaboración" no sistema de apertura, cuestión que están a analizar os técnicos da administración para contestar, pois subliña que "son os propietarios os que téñen que  establecer un horario de apertura mínimo".

Incide en que o expediente en curso "finalizarase" e, "se familia incumpre a obriga", a Xunta "sancionará" aos propietarios "ata que se produza unha apertura ordinaria e normal como establece a lexislación". Incide en que "os propietarios teñen unha responsabilidade legal: que é facilitar as aperturas durante uns horarios determinados".

Mentres, o consistorio herculino mantén, á súa vez, iniciados os trámites para recuperar para o patrimonio municipal o edificio, cuxa propiedade ostenta na actualidade a familia do ditador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade