A salvación do Celta pasa polo Novo Mirandilla
A salvación do Celta pasa polo Novo Mirandilla
Un triunfo daríalle a permanencia matemática e mesmo podería valer un empate dependendo dos resultados de Valladolid e Xetafe
O Celta vai á procura do triunfo que lle permita afrontar con total tranquilidade a última xornada en Balaídos diante do Barcelona. Nas contas tamén aparece a posibilidade dun empate pero xa dependería dos resultados que fagan o Valladolid e o Xetafe, e son posibilidades que no cadro vigués non queren ter en conta.
A diferenza cos postos de descenso chegou a ser de nove puntos. Agora mesmo é de dous. O Cádiz (38 puntos polos 40 do Celta) tamén se xoga a súa gran final da permanencia para non deixar a resolución no último partido diante do Elxe. Sergio González, técnico cadista, cualificou o enfrontamento "como a nosa gran final".
A novidade no equipo titular pode ser a de Iago Aspas. Nas últimas xornadas quedou apartado do equipo pero esta semana o seu nivel de adestramentos subiu, tal e como recoñeceu Carvalhal. É un día para dalo todo e non gardar absolutamente nada.
Poñéndonos no peor dos casos, o Celta sempre dependería de sí mesmo para a última xornada na que recibe a un Barcelona sen obxectivos clasificatorios. De momento, nin se contempla esa opción. A salvación do Ceta pasa polo Novo Mirandilla.