Óscar Gilsanz dirixiu o adestramento desta mañá do Deportivo
Óscar Gilsanz dirixiu o adestramento desta mañá do Deportivo
Nas últimas horas saíron á palestra moitos nomes: o de Valerón ou o de Bruno Saltor
O Deportivo non acaba de pechar o substituto de Idiakez. Dese xeito, a decisión é subir o adestrador do Fabril, Óscar Gilsanz, para dirixir a sesión deste mércores. O betanceiro dirixiu a sesión desta mañá
Nas últimas horas saíron á palestra moitos nomes: o de Valerón, o de Bruno Saltor... E este movemento podería adiar a decisión agardando por un adestrador que poida ser máis do agrado da dirección deportiva pero que non pode incorporarse ata dentro de dez ou quince días, como é o caso de Sergio González.
Haberá que estar atentos aos movementos na Praza de Pontevedra, porque o partido desta fin de semana contra o Cartaxena é moi importante e, de perdelo, o equipo situaríase nunha posición crítica.