Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os menos habituais do Celta cumpren co trámite do San Pedro

Os menos habituais do Celta cumpren co trámite do San Pedro

Alfon, Pablo Durán, Allende e Douvikas (2) marcaron os goles

Miguel Román debutou como titular e Fer López entrou na segunda metade

G24.gal 30/10/2024 22:20

Claudio aproveitou o trámite copeiro para darlles minutos aos menos habituais. Miguel Román estreouse como titular co primeiro equipo e Fer López xogou toda a segunda parte. Xogadores como Aidoo, Ristic ou Cervi tiveron minutos para coller ritmo e Allende saíu como suplente e marcou un dos goles. 

Aos catro minutos xa gañaban os vigueses cun gol de Alfon. Sorprendeu o San Pedro cando empatou no quince cun golazo espectacular de Domínguez. Pero só lle durou tres minutos a alegría ao conxunto andaluz porque Pablo Durán estivo moi certeiro nun lanzamento de falta. 

A nova negativa do partido foi a lesión de Sergio Carreira á media hora. No seu lugar entrou Tadeo Allende, que conseguiu marcar o terceiro xusto antes do descanso. Na segunda parte, coa eliminatoria decidida, chegou o cuarto gol, marcado por Douvikas, ao que agasallou Alfon cunha boa asistencia. O grego repetiu a pouco do final nunha xogada que iniciou o da canteira Fer López e mantén a boa sintonía coa Copa que comezou a campaña anterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade