Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Sareb terá que arranxar os pisos da Privada Moderna, en Vigo, que levaban anos abandonados

A Sareb terá que arranxar os pisos da Privada Moderna, en Vigo, que levaban anos abandonados

Os veciños levaban máis dunha década reclamando as obras de mantemento

Só quedaban habitadas seis das corenta e dúas vivendas 

G24.gal 03/01/2024 14:19 Última actualización 03/01/2024 14:44

Os veciños da rúa Privada Moderna de Vigo dormen un pouco máis tranquilos. A xustiza deulles a razón logo de anos aturando presións para que marcharan e o abandono da Sareb, propietaria dos pisos.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia apoia aos veciños desta rúa no barrio do Calvario, e a Sareb, a sociedade que xestiona os activos procedentes da reestruturación bancaria, renuncia a recorrer a sentenza.

Anos de loita en que moitos marcharon, fartos de ver como os edificios sufrían o abandono e a falta de mantemento. Só permanecen habitadas seis das corenta e dúas vivendas que foron construídas hai case un século.

Veciños como Carmen, que hai dous meses ten que durmir fora da casa en que naceu o seu marido, ou Mariano, que lembra con nostalxia os tempos en que a Privada Moderna era un bulir continuo de rapaces xogando.

Agora só desexa que as vivendas sexan arranxadas e destinadas para alugueiro social. Foron anos de acoso, e de reclamar unhas obras de conservación e mantemento que confían en que se fagan agora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade