A seca dispara os prezos da sandía e o melón aínda que se agarda que baixen a semana que vén
A seca dispara os prezos da sandía e o melón aínda que se agarda que baixen a semana que vén
En breve chegará a colleita de Castela León e iso fará que se abaraten
Hoxe no mercado de abastos non era doado atopar sandías e melóns, mesmo hai postos que xa non teñen porque os clientes renuncian a comprar polo prezo.
"E unha sandía duns tres quilos, igual pode valer dezeuros, entón non se trae. Se non, si, claro, estamos na plena campaña do melón e da sandía, pero non hai, entón está carísima e a xente non está polo labor", comenta unha tendeira.
Este ano os melóns estanse a pagar nas tendas a uns tres euros o quilo e as sandías a 2,50, fronte ao 1,20 a que se vendían en 2022.
Porén, os agricultores están a cobrar apenas 50 céntimos polo quilo, o cal fixo que descendese moito a superficie plantada, que unido á meteoroloxía no sur de España motivou a falta de produto.
"Houbo bastante seca, despois viñeron unha chuvias bastante importantes pola zona de Murcia, polo sur, e arrasou bastantes cultivos, entón hai unha pouquiña de escaseza tanto de sandía como de melón", di Óscar Brea, encargado de Froitas Barreiro.
Os grosistas agradan que a subministración mellore a partir da semana que vén coa chegada da sandía de Castela.
"Porque a partir de finais da semana que vén empezará a sandía da zona de Castela, entón recuperaremos un pouco máis a normalidade", engade Brea.
Unha oportunidade para volver gozar na casa de dúas das froitas máis refrescantes do verán.