Cargando resultados...
A seca fai perigar as colleitas de horta e das árbores froiteiras
A seca fai perigar as colleitas de horta e das árbores froiteiras
Desde a Universidade de Santiago, coordínase un plan internacional co que se pretende adaptar os sistemas agrarios ao cambio climático
G24.gal
29/05/2023 18:09
A falta de chuvias e as temperaturas cada vez máis altas están a provocar nesta primavera unha seca importante que afecta sobre todo os froitos e os plantíos da horta.
Os expertos achacan esta situación ao cambio climático. Desde a Universidade de Santiago, coordínase un plan internacional co que se pretende adaptar os sistemas agrarios ao cambio climático e, deste xeito, poder combater as graves consecuencias que está a provocar.