Publicador de contidos
Publicador de contidos

A seca provoca perdas económicas nas granxas extensivas

A seca provoca perdas económicas nas granxas extensivas

Xa se están a utilizar as forraxes que se ían usar no outono

Prados secos e falta de auga poñen en risco as explotacións

G24.gal 15/08/2023 13:59

Vacas de leite que non poden saír ao prado porque alí non hai pasto e hai que alimentalas no cortello. E vacas de carne que simplemente saen ás leiras porque están afeitas, porque para pacer non teñen nada. É a tónica nas comarcas gandeiras por causa da seca. Unha seca que, ademais, pode ir a peor en setembro.

No caso desta granxa, a produción xa caeu en 5 litros diarios por vaca. Unha auténtica sangría económica en que tamén inflúe a calor. Agora xa se está a botar man das forraxes acumuladas na primavera pero, a este ritmo, non chegarán nin a novembro. O mesmo sucede coa carne. Non hai alimento suficiente e no mercado é escaso e moi caro.

Neste tempo cada vaca pode beber ata 100 litros diarios de auga. Polo de agora ningún concello impuxo restricións no uso de auga nas granxas pero non se desbota que acaben por chegar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade