Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Seguridade Social conta con que o peto das pensións peche o ano con máis de 5.300 millóns de euros

A Seguridade Social conta con que o peto das pensións peche o ano con máis de 5.300 millóns de euros

É o valor máis elevado desde novembro de 2018

G24.gal 28/06/2023 18:36

O Fondo de Reserva da Seguridade Social, máis coñecido como o peto das pensións, acumula ata o momento 2.859 millóns de euros e a previsión para este 2023 é que termine o ano con máis de 5.300 millóns de euros.

Se se cumpren estes cálculos, pecharía exercicio co seu valor máis elevado desde novembro de 2018.

Segundo informou este mércores o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o peto das pensións pechou 2022 con 2.141 millóns de euros e acabou o 2021 con 2.138 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade