Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección de Alicia Fernández garante a presenza nos Xogos Olímpicos

A selección de Alicia Fernández garante a presenza nos Xogos Olímpicos

A vitoria diante da Arxentina (26-23) no segundo partido do preolímpico dálle a clasificación ao equipo de balonmán feminino

G24.gal 12/04/2024 22:33

A selección feminina de balonmán participará nos Xogos Olímpicos de París. Gañou a praza do preolímpico de Torrevieja logo de gañar os dous primeiros partidos. Tivo que sufrir, e moito, contra Arxentina pero acabou celebrando a vitoria que precisaba (23-26). 

No primeiro tempo as españolas non estiveron nin unha soa vez por diante. Moitas perdas de balón que aproveitaron as suramericanas para mandar no encontro. Da man dunha gran Paula Arcos e a calidade que achegou a galega Alicia Fernández na dirección de xogo España remontou e foise tres arriba (14-17). Pero Arxentina volveu equilibrar o partido e entrou con todo aberto nos últimos minutos (22-22). Resolveu mellor España a situación e acabou celebrando un triunfo que vale un billete olímpico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade