Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección de balonmán cae eliminada con pleno de derrotas

A selección de balonmán cae eliminada con pleno de derrotas

Francia demostrou por que é a líder do grupo e foi demasiado para as guerreiras (24-32)

Alicia Fernández xogou e achegou con tres puntos en cinco lanzamentos

Alicia Fernández, nun lance do partido contra Francia. EFE Alicia Fernández, nun lance do partido contra Francia. EFE
G24.gal 03/08/2024 12:43

Final amargo para a selección feminina de balonmán. Dor e tristura na cara das españolas ao rematar o derradeiro partido dos Xogos Olímpicos de París. Francia foi o último rival, e non tivo piedade coas pechacancelas do grupo. O resultado (24-32) reflicte a superioridade gala.

Caeron con honra as españolas, que loitaron ata o final, aínda sabendo que as francesas chegaban líderes e querían demostrar a súa calidade e o seu dominio sobre o parqué. Foi da partida Alicia Fernández. A galega marcou tres goles en cinco tiros á portaría e tivo bos momentos en pista.

Con este partido, á selección española remata a súa participación nestes Xogos Olímpicos con pleno de derrotas. Un dato duro para un conxunto que o intentou en cada partido, e que pelexou para meterse na loita por pasar á fase final. Non puido ser nesta ocasión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade