Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección de finalistas abre a conta atrás dos IX Premios Martín Códax

A selección de finalistas abre a conta atrás dos IX Premios Martín Códax

Concorreron un total de 400 candidatos

G24.gal 14/09/2022 21:35 Última actualización 14/09/2022 21:47

Xa se coñecen os proxectos seleccionados como finalistas dos Premios da Música Martín Códax 2022.

Son 45 bandas e artistas, tres por categoría, nesta novena edición, que suma dúas máis: as de Artista novo e Emerxente. Coñecéronse no transcurso da festa que a adega celebrou esta tarde en Cambados.

A partir de mañá, estes finalistas afrontan a votación dos membros da asociación promotora, Músicas ao Vivo, e o día 5 de outubo, na gala final no Pazo da Cultura de Pontevedra, coñecerán os gañadores.

  • Pop e Indie: De Vacas, Anxo Araujo, Néboa
  • Rock: Familia Caamagno, Moura, Bala
  • Canción de Autor/a: Antía Muíño, Xóan Curiel, Sofía Espiñeira
  • Músicas Urbanas: Rebeliom do Inframundo, O Rabelo, Ilmarto
  • Blues, Funk e Soul: Nastasia Zürcher, Udra, O Cadelo Lunático
  • Electrónica: Grande Amore, Garza, Hilario Rodeiro
  • Metal: Arrhythmia, Grima, Teima
  • Música Clásica e Contemporánea: Samudra Trío, Katerina Linke, Fernando Abreu
  • Jazz e Músicas Improvisadas: Xosé Miguélez 4tet, Orquestra Galega de Liberación, Valentín Caamaño
  • Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Nebra, Sheila Patricia
  • Música Tradicional: Airiños da Freba, Cántigas e Frores, Os da Porfía
  • Folk: Cuarteto Caramuxo, Oîma , Os d’Abaixo
  • Música Infantil: Mamá Cabra, Pitusa Semifusa, Martiña Soñadora
  • Orquestras, Grupos e Música de Verbena: La Oca Band, Bicoia, América de Vigo
  • Bandas de Música Popular: Banda Unión Musical de Meaño, Banda de Música Cultural de Salceda, A Banda de Lombás

Os finalistas Organistrum son:

  • Salas: A Arca da Noe, Sala Karma, Sala Rebullón
  • Festivais: Festival de Ortigueira, Canteira Fest, Canjazz
  • Espazos de Comunicación: Ondas Indies (Radio Galega), A Xente de Teo, Descúbreas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade