A selección de Miguel Méndez afina a posta a punto cun triunfo contra Canadá
A selección de Miguel Méndez afina a posta a punto cun triunfo contra Canadá
María Araújo xogou 23 minutos pero non estivo moi atinada no tiro e Paula Ginzo saiu como titular e xogou 12 minutos
Logo da derrota diante de Bélxica a selección española de baloncesto que dirixe o vigués Miguel Méndez seguiu na xira de preparación para os Xogos Olímpicos cun triunfo diante do Canadá por 48-61. Un partido típico de posta a punto no que faltou ritmo pero no que as españolas amosaron a súa boa defensa.
A achega das galegas non foi demasiado boa no aspecto ofensivo. María Araújo estivo 23 minutos en pista nos que sumou 3 puntos cunhas porcentaxes de 1/8 no lanzamento. Si que achegou catro rebotes. Paula Ginzo saíu no equipo titular pero faltoulle continuidade. Doce minutos dous puntos lastrada por cometer tres faltas persoais. Entre as máis destacadas no aspecto ofensivo estiveron Alba Torréns (11 puntos) e Laura Gil (10).