Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección dos Países Baixos estréase con vitoria

A selección dos Países Baixos estréase con vitoria

Dous erros do porteiro Mendy condenan a Senegal

Países Baixos comparte con Ecuador o liderado do grupo A

EFE/EPA/Noushad Thekkayil EFE/EPA/Noushad Thekkayil
G24.gal 21/11/2022 20:29

A selección dos Países Baixos estreouse con vitoria ante Senegal (2-0) nun partido moi pelexado polos africanos, que botaron en falta á súa grande estrela, ausente neste mundial por lesión, Sadio Mané.

Ademais de falta de contundencia arriba, a Senegal tamén lle fallou o seu porteiro. Benjamin Mendy errou primeiro na saída a un centro de Frenkie de Jong que Gakpo, dianteiro do PSV, rematou ao fondo da portería.

Era o minuto 84, e na última xogada do partido, outro mal despexe de Mendy a un disparo de Depay foi aproveitado por Klaasen para establecer o 2 a 0 definitivo que lle permite a Países Baixos igualar con Ecuador á fronte do grupo A.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade