A selección española feminina proclámase campioa do mundo sub-20
A selección española feminina proclámase campioa do mundo sub-20
Primeiro título mundial logo de gañarlle por 3-1 ao Xapón
Salma, mellor xogadora do torneo, marcou dous goles na final
A selección española feminina sub20 fixo historia en Costa Rica ao acadaren o título de campioas do mundo. Impuxéronse na final ao Xapón por 3-1 e amosaron a proxección e mellora que está a sufrir o fútbol feminino nos últimos anos.
O partido deixouno encamiñado España antes do minuto 30. Daquela xa gañaba por 3-0 cun gol de Inma Gabarro e un dobrete de Salma Paralluelo, considerada a mellor xogadora do torneo.
Malia encaixar un gol ao pouco de principiar a segunda metade o equipo español traballou moito e ben na defensa. O Xapón exerceu unha presión insistente á procura de recurtar diferenzas para revalidar o título pero non foi quen de marcar ningún gol máis.