Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sexta vaga e a ómicron sorprenderon en Urxencias polo volume de casos

A sexta vaga e a ómicron sorprenderon en Urxencias polo volume de casos

Cómpre extremar a prudencia e non banalizar as novas variantes

G24.gal 22/01/2022 13:21

As Urxencias dos hospitais galegos viven nun reto constante desde o inicio da pandemia. Áreas coma a de Vigo, a máis grande e a máis afectada de Galicia abordan unha xestión difícil e complexa en parte porque ninguén agardaba unha intensidade e un volume de casos tan elevado nesta sexta vaga, tal e como expresou a xefa de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Maite Maza.

A explosión de casos producise no Nadal cun persoal sanitario esgotado tras dous anos de pandemia. Desta experiencia debemos aprender a non banalizar a variante ómicron e a seguir extremando as precaucións.

Ademais, é importante que só acudan aos hospitais e aos centros sanitarios, os que realmente o precisen. Un reto aínda maior para os sanitarios galegos é a atención aos enfermos con outras patoloxías aos que se lles detecta a covid cando ingresan no hospital.

A maioría dos que chegan a Urxencias covid do Cunqueiro non están vacinados. Ademais, nesta sexta vaga a patoloxía respiratoria está sendo menos complexa, algo que liberou en parte a unidade intermedia de coidados respiratorios de Vigo 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade