Publicador de contidos
Publicador de contidos

A suba da luz asfixia os servizos que prestan moitos concellos galegos

A suba da luz asfixia os servizos que prestan moitos concellos galegos

En Cervo, o importe da factura da luz da piscina multiplicouse por cinco

Na Laracha, os veciños agrúpanse nunha plataforma para reclamar polos prezos

Facturas da luz multiplicaron por 5 o seu importe en concellos como o de Cervo
G24.gal 07/03/2022 14:45

De 2.400 euros a case 10.500 no último recibo. Esa é a factura eléctrica destas piscinas municipais de Cervo. Un exemplo moi ilustrativo dun encarecemento que afecta todos os servizos que ofrecen os concellos galegos.

A escalada da luz azouta tamén moitos particulares. Tanto que na Laracha máis de 250 veciños se uniron nunha plataforma. Algúns xa hai tempo que pediron cambiar de compañía, pero denuncian que a comercializadora demora o cambio e sobe os prezos sen avisar.

Desde a plataforma veciñal da Laracha denuncian o trato recibido e, ademais de presentar reclamacións, puxeron en marcha un servizo para asesorar os que queiran cambiar de compañía para pagar menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade