A escritora surcoreana Han Kang, Premio Nobel de Literatura 2024
A escritora surcoreana Han Kang, Premio Nobel de Literatura 2024
É a primeira escritora dese país que logra este recoñecemento, segundo o anuncio da Academia Sueca
A súa novela A vexetariana está traducida ao galego
A escritora surcoreana Han Kang é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2024 "pola súa intensa prosa poética, que se enfronta a traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana", comunicou este xoves a Academia Sueca. É a primeira autora desde país que logra este recoñecemento.
BREAKING NEWS
— The Nobel Prize (@NobelPrize) October 10, 2024
The 2024 #NobelPrize in Literature is awarded to the South Korean author Han Kang “for her intense poetic prose that confronts historical traumas and exposes the fragility of human life.” pic.twitter.com/dAQiXnm11z
A academia considera que a obra de Han Kang se caracteriza por unha dobre exposición do sufrimento, como tormento mental e físico, e polas súas conexións co pensamento oriental.
Han Kang naceu en 1970 en Gwanju, pero trasladouse coa súa familia a Seúl aos 11 anos. É graduada en literatura coreana e aínda que debutou como poeta fíxose coñecida ante todo como narradora.
En 2016 foi galardoada, xunto coa súa tradutora ao inglés, Deborah Smith, co Premio Man Booker International de ficción por A vexetariana (Chaesikjuuija), unha novela publicada por primeira vez en 2007 que trata sobre a decisión dunha muller de deixar de comer carne e as súas devastadoras consecuencias.
Y el Premio Nobel de Literatura 2024 es para
— Penguin España 🐧📚 (@penguinlibros) October 10, 2024
Han Kang #nobelprizeforliterature pic.twitter.com/1zqLGynfEl
A novela é tamén un dos seus primeiros libros traducidos ao inglés e está publicada en galego por Rinoceronte Editora grazas á tradución de Alba Verea Pérez.
Moi felices polo Premio Nobel de Literatura a Han Kang, de quen podedes ler en galego a súa obra 'A vexetariana' (2022) en tradución de Alba Verea Pérez. @albaverea https://t.co/EXnMMR7ogj
— Rinoceronte Editora (@RinoceronteEd) October 10, 2024
Outra das súas novelas, Branco, tamén estivo entre as candidatas ao mesmo galardón e Obra humana obtivo o Premio Malaparte en Italia.
O premio de literatura, como o resto dos galardóns Nobel, entrégase o 10 de decembro, aniversario da morte do fundador destas distincións, Alfred Nobel.