Publicador de contidos
Publicador de contidos

A taxa de abandono escolar está por baixo do 9 % en Galicia

A taxa de abandono escolar está por baixo do 9 % en Galicia

A comunidade anticípase sete anos aos obxectivos fixados pola UE para 2030

G24.gal 27/01/2024 14:45 Última actualización 27/01/2024 15:03

Algo máis do 13 % da mocidade española de entre 18 e 24 anos non rematou o ensino obrigatorio ou deixou de estudar tras finalizar a ESO. En Galicia, a taxa de abandono é do 8,8 % case cinco puntos inferior.

"Todo isto é posible porque hai unha grandísima implicación do profesorado para poder levar a cabo políticas que van orientades na boa dirección para lograr un ensino de calidade, de equidade e que xere igualdade de oportunidades", asegura o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

Galicia adiántase sete anos sobre ao propósito marcado pola UE para 2030, que pedía reducir o abandono para daquela a un 9 %. Obxectivo cumprido grazas, segundo a Xunta, aos programas de reforzo para o alumnado con máis dificultades, ao traballo de orientación e ao impulso da FP básica. 

"En Galicia reducimos desde o ano 2009 o abandono escolar dezasete puntos porque non hai nada máis inxusto socialmente que o feito de que un mozo saia á rúa sen ningunha titulación".

Segundo os datos da EPA de 2023, catro de cada dez galegos de 20 a 29 anos teñen estudos superiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade