Cargando resultados...
A terceira etapa do Gran Camiño percorrerá a zona de Valdeorras
A terceira etapa do Gran Camiño percorrerá a zona de Valdeorras
O comezo da tirada será en Esgos e rematará en Rubiá
G24.gal
27/12/2022 13:03
A organización do Gran Camiño, con Ezequiel Mosquera e Óscar Pereiro á fronte, presentaron a terceira etapa da proba ciclista que percorrerá Galicia no vindeiro mes de febreiro.
A etapa percorrerá as estradas da provincia de Ourense pola zona de Valdeorras. Terá inicio en Esgos e final en Rubiá, un lugar de fermosas vistas e estradas moi ratoeiras cun perfil moi complicado de controlar para un pelotón.
Así, xa coñecemos tres das tiradas. A primeira comezará en Lugo e irá ata Sarria. A segunda principia en Tui e remata na Guarda e a terceira será en Ourense. Falta a derradeira etapa que percorrerá as estradas da provincia da Coruña.