A terceira rolda de negociacións entre Rusia e Ucraína será o luns
A terceira rolda de negociacións entre Rusia e Ucraína será o luns
O acordo alcanzado na última xuntanza quedou suspendido
A terceira rolda de negociacións ruso-ucraínas para buscar un cesamento de hostilidades celebrarase o vindeiro luns, 7 de marzo, na fronteira polaco-belarusa, segundo informou un membro da delegación ucraína.
"A terceira rolda de negociacións terá lugar o luns", sinalou David Arajamia, xefe da fracción parlamentaria do oficialista Servidor do Pobo (o partido do presidente Volodímir Zelenski), en Facebook.
A primeira rolda de negociacións entre as delegacións da Rusia e Ucraína levouse a cabo o 28 de febreiro, e a segunda, o 3 de marzo, ambas as dúas en territorio belaruso.
Tras a segunda rolda, as partes chegaron a un acordo para establecer corredores humanitarios destinados á evacuación de civís e á entrega de alimentos e medicinas.
Con todo, a apertura de dous corredores humanitarios en Mariúpol e Volnovaja, anunciada por Rusia para este sábado, quedou suspendida por operacións militares das que ambas as dúas partes se acusan mutuamente.