A terceira vitoria consecutiva do Cangas multiplica as opcións de seguir na Asobal
A terceira vitoria consecutiva do Cangas multiplica as opcións de seguir na Asobal
O Cangas Frigoríficos do Morrazo logrou a terceira vitoria consecutiva na Liga Asobal. Conseguiuna diante do Balonmán Cuenca (34-31), o rival que ten xusto por diante na clasificación, que marca a permanencia matemática e que agora queda a só dous puntos.
Comezou mal o encontro para o Cangas, catro goles abaixo aos 15 minutos de partido (7-11). Mantiveron os visitantes a diferenza ata os últimos cinco minutos do primeiro tempo cando un parcial de 3-0 permitiu apertar o resultado no descanso (14-15).
No segundo tempo conseguiu poñerse por diante o Frigoríficos (18-17) e manexouse con diferenzas mínimas ata o treito final ao que se chegou con empate a 29. Mads Thymann marcou dous goles de xeito consecutivo e deulle unha marxe ao Cangas que logrou unha vitoria que afasta a posibilidade de descenso directo e incluso fai pensar en saír do play out.