Publicador de contidos
Publicador de contidos

A TVG emite o documental da historia que inspirou 'As bestas' de Sorogoyen

A TVG emite o documental da historia que inspirou 'As bestas' de Sorogoyen

O filme lidera a carreira aos premios Goya con 17 candidaturas

O documental emítese a partir das 19:25 horas

G24.gal 04/12/2022 12:39 Última actualización 04/12/2022 12:56

Esta tarde, e sen movernos do sofá, podemos ver na Televisión de Galicia a historia que deu orixe á película 'As bestas', o filme que con 17 candidaturas lidera a carreira aos premios Goya. O documental 'Santoalla' conta a historia real do que sucedeu nesa aldea ourensá.  

Os galegos, Luís Zahera e Diego Anido, están propostos a mellor actor de reparto polas súas actuacións na película. Son dous irmáns que viven nunha aldea a onde chega unha parella foránea.

O filme, do director Rodrigo Sorogoyen, é unha ficción inspirada nun suceso, ocorrido hai anos nas montañas de Ourense. E a historia do que pasou alí está reflectida no documental 'Santoalla'.

'O holandés de Petín'

Neste lugar, só había unha casa habitada cando Martin e Margo o escolleron para instalarse. A convivencia entre ambas as dúas familias foi empeorando ata que en 2010, o coñecido como "o holandés de Petín",  desapareceu.

Catro anos despois acharon o seu corpo no monte. O documental completa o relato co arquivo da TVG e cos vídeos que gravou a vítima. Conta tamén co impresionante testemuño da muller e declaracións da familia veciña.

'Santoalla', a historia que 'As bestas' trouxo de novo á actualidade, esta tarde na Televisión de Galicia, a partir das 19:25 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade