Publicador de contidos
Publicador de contidos

A TVG pecha o mellor agosto en 12 anos, cun 11,3 % de cota de pantalla

A TVG pecha o mellor agosto en 12 anos, cun 11,3 % de cota de pantalla

No prime time acadou un 12,5 % de share, o máis alto neste mes desde 2013

A TVG lidera en informativos e a faixa do mediodía, co ‘Galicia Noticias’ e o ‘Telexornal Mediodía’ acada o 17,5 %

G24.gal 01/09/2023 16:03

A Televisión de Galicia rematou agosto cunha cota de pantalla do 11,3 %, o seu mellor rexistro neste mes desde o ano 2011, en que acadara esa mesma cifra, segundo os datos do medidor oficial Kantar Media.

A TVG acumula así catro meses consecutivos con cotas superiores ao 11 %, tanto no conxunto do mes coma no prime time. Nesta franxa de máximo consumo televisivo, o share do mes de agosto foi dun 12,5 %, o máis alto neste período desde o ano 2013, cando a Galega anotara unha cota do 12,9 %.

Con estes datos, a TVG segue a ser a canle pública máis vista de Galicia, con case dous puntos de vantaxe sobre TVE (9,6 %), e a Galega rematou o mes cunha das mellores audiencias da temporada. Así, na xornada de onte, a TVG acadou un 13,8 %, situando a súa cota a 2,4 puntos do competidor máis próximo, nesta ocasión, Antena 3. A Televisión de Galicia tamén foi líder o día 31 na franxa do prime time, en que acadou un 14,5 % de share e superou en 3 puntos o seu inmediato perseguidor, que tamén foi Antena 3.

Un dos puntais deste éxito de audiencia do mes de agosto, como é habitual, son servizos informativos, que seguen a ser líderes en Galicia. Neste eido, destaca a faixa do mediodía, que engloba o ‘Galicia noticias’ e o ‘Telexornal mediodía’, e que segue a ser o máximo expoñente deste liderado, acadando un 17,5 % de cota de pantalla e case duplicando a audiencia da outra canle pública, TVE, no mesmo horario (9,3 %).

A TVG segue a ser un dos grandes motores da FORTA e supera a media do grupo de canles autonómicas (9,3 %) en 3 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade