Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE anuncia unha décima rolda de sancións contra Rusia para o aniversario da guerra

A UE anuncia unha décima rolda de sancións contra Rusia para o aniversario da guerra

A presidente da Comisión Europea visita Kíiv e di que para o 24 de febreiro estará listo o novo paquete de castigo a Moscova

Zelenski insiste en sancionar máis duramente a Rusia porque cre que está "acelerando a súa capacidade de adaptación ás sancións actuais"

G24.gal 02/02/2023 13:54

A presidenta da Comisión Europea (CE), Ursula von der Leyen, anunciou este xoves en Kíiv que espera que o décimo paquete de sancións contra Rusia por invadir Ucraína estea listo para o próximo 24 de febreiro, cando se cumpre o primeiro aniversario do inicio da guerra.

“Para o 24 de febreiro, exactamente un ano despois desde que comentou a invasión, queremos ter o décimo paquete de sancións” contra Rusia, dixo Von der Leyen nunha declaración á prensa xunto ao presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, en Kíiv, onde se desprazaron con outros 15 membros da Comisión Europea para abordar a cooperación co Goberno de Ucraína. 

Zelenski, pola súa parte, insistiu en castigar a Rusia a través das sancións. Asegurou que os efectos das vixentes "cederon" e deben "acelerarse".

"É unha tarefa común reducir a capacidade de Rusia para eludir as sancións", afirmou o líder ucraíno. Rusia está "a acelerar a súa capacidade de adaptación ás sancións existentes", mentres que en paralelo a UE "retardou" o ritmo da súa aplicación, afirmou Zeleski, nunha comparecencia conxunta coa presidenta da CE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade